2/10/09

Mañá sábado, día 3, terá lugar a asemblea de presentación de ProLingua

Será mañá sábado día 3 de outubro ás 11,30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte).

Presentaremos publicamente ProLingua, plataforma plural e apartidaria que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real.

Convidamos a todas as persoas comprometidas na defensa da lingua galega a participar neste acto no que daremos a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que se levarán a cabo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario