Na localidade meca volveu falarse onte á noite de «o dereito a saber» e a «liberdade de investigar» respecto dos acontecementos relacionados coa represión franquista. Fíxose en setembro do 2007, con motivo das xornadas organizadas pola Asociación da Memoria Histórica do Grove, e volveuse a facer onte á mantenta dunha mesa redonda organizada polo concelleiro de Cultura, Antón Mascato.
Esta vez fíxose fincapé nos problemas que atopan os investigadores para sacar á luz aquelas historias que permaneceron ocultas durante a ditadura, chegando ata a ter que responder ante os tribunais por iso. Un caso próximo e recente é o de Dionisio Pereira, que foi denunciado pola familia do ex alcalde falanxista de Cerdedo e que, finalmente, resultou absolto. Deste caso fala no seu libro Calar ao mensaxeiro o catedrático Francisco Espinosa , quen actuou como relator, xunto ao propio Dionisio Pereira.
Para este estremeño de nacemento e profesor en Sevilla foi a súa volta ao Grove dous anos logo de participar nas xornadas da Memoria Histórica das que non só levou un bo recordo senón tamén valioso e abundante material. Con el, e co resultado de investigacións anteriores, realizou un libro no que se recollen doce casos que ejemplifican a represión exercida sobre os investigadores do pasado franquista. O de Dionisio, e tamén o do fillo do grovense Ramón Garrido Vidal , a quen un xuíz de Cambados clausuroulle unha web na que se aludía á triste historia do seu pai como consecuencia dunha denuncia promovida polos descendentes do ex alcalde grovense Joaquín Álvarez Lores.
Di Espinosa que os historiadores o teñen agora máis fácil que na transición, «pero o problema non se resolveu». «A lei interprétase e depende o xuíz que toque en cada caso», sinala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario