http://www.wikio.es

4/10/09

Taxa carbono, para cando en España?

O debate foi duro e polémico, ás veces demagóxico, pero xa está: Francia dotouse dunha "taxa carbono". Entra no círculo reducido de países que contan con esta ferramenta da fiscalidade ambiental, como Suecia, Dinamarca, Reino Unido ou Suíza. Pero moitos preguntaranse: que é unha taxa carbono? Trátase dunha medida necesaria para facer fronte aos retos ecolóxicos ou dun novo imposto para encher os presupostos baleiros do Estado? Quid en España?

En poucas palabras, a taxa carbono é unha taxa ambiental que se aplica xeralmente ao dióxido de carbono -aínda que loxicamente teríase que aplicar o mesmo mecanismo a todos os gases de efecto invernadoiro-, para limitar as emisións co fin de loitar contra o quentamento global. A taxa repercútese nos produtos finais, cuxo prezo aumenta proporcionalmente ás emisións xeradas durante o ciclo de produción. Deste xeito, preténdese disuadir o consumo de produtos que máis emisións contaminantes provocan e favorecer aos produtos que menos gases de efecto invernadoiro emiten. Ademais, a través dun incremento progresivo e planificado da taxa no tempo, enviaríase un sinal aos mercados para guiar os investimentos no longo prazo.En Francia, mentres que o informe de expertos recomendaba un importe inicial de polo menos 32 euros por tonelada de C02 emitida, o goberno propuxo finalmente unha taxa de 17 euros/t C02, que tería que chegar aos 100 euros/t C02 en 2030. Este importe significa, por exemplo un encarecemento de 4 céntimos de euro por litro de gasóleo, de 4,5 céntimos para a gasolina ou unha suba media do 8% na factura de calefacción de fuel.

En poucas palabras, a taxa carbono é unha taxa ambiental que se aplica xeralmente ao dióxido de carbono -aínda que loxicamente teríase que aplicar o mesmo mecanismo a todos os gases de efecto invernadoiro-, para limitar as emisións co fin de loitar contra o quentamento global. A taxa repercútese nos produtos finais, cuxo prezo aumenta proporcionalmente ás emisións xeradas durante o ciclo de produción. Deste xeito, preténdese disuadir o consumo de produtos que máis emisións contaminantes provocan e favorecer aos produtos que menos gases de efecto invernadoiro emiten. Ademais, a través dun incremento progresivo e planificado da taxa no tempo, enviaríase un sinal aos mercados para guiar os investimentos no longo prazo.Tras esta decisión do goberno francés, uns verán o vaso medio cheo e outros o vaso medio baleiro. Sen dúbida, o ecoloxista Nicolas Hulot ten razón ao recordar que se trata dun primeiro paso de peso pola súa carga simbólica, pero como indican Los Verdes franceses ou France Nature Environnement -a asociación medioambientalista máis numerosa de Francia- o nivel inicial desta taxa sería insuficiente para enviar un sinal forte e disuasivo que permita reorientar os modos de consumo e de produción. Como comparación, en Suecia o importe da taxa é -10 anos despois da súa posta en marcha- de 108 euros/t CO2 cunha clara tendencia á redución das súas emisións de C02 e da súa dependencia enerxética cara ao exterior. Por outro lado, ao coincidir cun proxecto de supresión da chamada "taxa profesional" -un dos principais impostos sobre os beneficios das empresas en Francia-, esta taxa carbono gala corre o risco de transformarse nun novo imposto orientado a compensar a redución do presuposto estatal a través dunha transferencia do peso impositivo das empresas cara aos fogares, o cal non garante nin de lonxe os criterios de equidade e redistribución social.

Así, se queremos que sexa útil a nivel ecolóxico e xusta socialmente, a "taxa carbono" non pode servir de simple variable de axuste do presuposto do Estado. Ao contrario, tense que converter nunha pedra angular dunha verdadeira revolución fiscal onde se efectúa unha transferencia paulatina da fiscalidade do traballo cara á fiscalidade ambiental. Noutras palabras, pretenderíase concentrar a fiscalidade no uso dos recursos naturais limitados e no capital, e aliviar a presión sobre o traballo, en particular para os máis desfavorecidos. Ademais, cos ingresos xerados, deberíase subvencionar os investimentos en aforro enerxético, en transporte público e limpo ou nun urbanismo sostible. Tamén, para ter en conta as diferenzas de rendas e non penalizar aos que, por exemplo, non teñen outro xeito de desprazarse que coller o seu coche para ir ao traballo ou de quentarse que a través do fuel doméstico, se podería distribuír un "cheque verde" ás familias en concepto de bonos de transporte público, axuda para o cambio da calefacción, etc.En España, onde moito se está a falar nestes tempos de crise económica de modelo impositivo ou dunha lei de economía sostible, sería importante que o goberno estudase os exemplos próximos e se decidise, despois de 5 anos de lexislatura, a dar un paso neste sentido. É perfectamente imaxinable aplicar unha taxa carbono que graven todos os gases de efecto invernadoiro e tamén todas as formas de producir enerxía, como a electricidade (de feito, sería preferible unha apelación máis xenérica tipo "taxa clima-enerxía"). Esta taxa cobraría maior sentido nunha evolución máis global do modelo impositivo, transferindo a fiscalidade do traballo cara á fiscalidade ambiental, sempre baseada nunha dobre regra de eficiencia ecolóxica e xustiza ambiental e social.

A poucos meses do cumio histórico de Copenhaguen onde se negociará o texto que substituirá ao protocolo de Kyoto despois de 2012, é o momento de que España, peor alumno en canto aos compromisos de Kyoto, pase das palabras aos feitos. Sen ser unha solución milagre, a "taxa carbono", ou "taxa clima-enerxía", sería un chanzo importante na loita contra o cambio climático.

http://www.paralelo36.com/tasa-carbono-%c2%bfpara-cuando-en-espana/

No hay comentarios:

Publicar un comentario