http://www.wikio.es

27/10/09

Os herdeiros de Miguel Hernández e unha Comisión Cívica de Alicante pedirán a revisión e nulidade da súa sentenza de morte

O poeta do pobo, Miguel Hernández, foi condenado a morte por un tribunal militar o 18 de xaneiro de 1940. Unha sentenza aínda vixente cando se vai celebrar o centenario do seu nacemento. Os herdeiros do poeta e a Comisión Cívica para a recuperación da Memoria Histórica de Alicante ante a "ausencia" de iniciativas do goberno autonómico, estatal e outras institucións que, celebrarán en 2010 o seu centenario, lamentan que ninguén propugnase a rehabilitación da traxectoria de Miguel Hernández, sobre o que pesa unha "inxustificable condena" a morte, "hoxe plenamente vixente".

A sentenza foi conmutada por unha condena a 30 anos de cárcere, e o poeta faleceu en 1942 nunha miserable prisión de Alicante. "Foi condenado non por pegar tiros, senón por escribir versos e ser o poeta da revolución", dixo o escritor e xornalista, Enrique Cerdán Tato, membro da Comisión. Os herdeiros do poeta do pobo e esta Comisión cívica, que aglutina a partidos progresistas, sindicatos, entidades culturais e persoas referentes de diversos ámbitos, presentaron hoxe ante o rexistro da Subdelegación do Goberno de Alicante unha solicitude formal para a "reparación e recoñecemento persoal do poeta inxustamente condenado".

Unha resolución que depende directamente do Ministerio de Xustiza, e que está avalada pola Lei da Memoria Histórica, segundo aseguraron os representantes da Comisión, e que podería resolverse en cuestión de meses. A outra medida que formula o colectivo é presentar un recurso de revisión de sentenza firme ante o Tribunal Supremo que "revise e anule" a sentenza do Consello Sumarísimo 21.110 que se lle impuxo, "de tal forma que a súa inocencia sexa pública, xurídica e oficialmente recoñecida".Lucía Esquerdo, nora do poeta, asegura que este anuncio é "o máis importante que ata a data se fixo polo poeta do pobo". Os herdeiros Hernández consideran que "non é xusto" que fose condenado por ser "un chivato traidor" e que tras tantos anos de democracia "aínda pese esa lousa tan grande" sobre a súa figura, explicou Izquierdo nunha conferencia de prensa en Sede da Universidade de Alicante.

Traducido do castelán.
http://www.elpais.com/articulo/espana/Cruzada/reparacion/reconocimiento/poeta/injustamente/condenado/elpepuesp/20091027elpepunac_9/Tes

No hay comentarios:

Publicar un comentario