Esta é a primeira acción de ProLingua: levar na lapela da nosa chaqueta o símbolo do noso orgullo de termos unha lingua propia.
De desexarmos que prevaleza por mil primaveras máis. Levar a insignia co logo de ProLingua significa que non somos dos que negan a nosa lingua, dos que se avergoñan dela e non queren nin escoitala.
Desde a próxima semana os pins de ProLingua pódense encontrar nos seguintes lugares:
- Libraría TRAMA de Lugo
- Livraría TORGA de Ourense
- Libraría NOVA de Ponteareas
- Libraría LUME d'A Coruña
- Libraría SISARGAS d'A Coruña
- TIPO (Comercio de música) de Vigo
Moitas grazas a estes colaboradores de ProLingua. Seguimos á procura doutros lugares para poder cubrir todo o país.
http://prolinguagalega.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario