23/10/09

MESA REDONDA: “A MEMORIA DA FRONTE POPULAR”


O Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e Voces”, convócaos á mesa redonda na que participarán o profesor Julio Prada e os investigadores Dionisio Pereira e Andrés Domínguez, que terá lugar hoxe venres 23 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Carral no marco das V Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral organizadas por Cultura Aberta.

Participarán:

- Julio Prada: Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo e Doutor en Historia, Coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”

- Dionisio Pereira: Historiador e Coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”

- Andrés Domínguez: Historiador e Doutor en Historia, Investigador do Proxecto “Nomes e Voces”

Ao remate terá lugar a actuación musical de “Miro Casabella

No hay comentarios:

Publicar un comentario