A Asociación Cultura Aberta de Carral (A Coruña), organiza os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro na Casa da Cultura, as V Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral.
Estas xornadas pretenden achegarse á realidade da Frente Popular desde diferentes perspectivas, convidando para elo, a especialistas, investigadores e profesores de Historia para participar en conferencias e mesas de debate.
A primeira xornada terá como protagonista a conferencia do profesor estremeño Francisco Espinosa Maestre: “La primavera del Frente Popular”. Esta actividade, organizada en colaboración co Proxecto “Nomes e Voces”, pretende achegarse ao traballo de investigación deste historiador en torno á República e ao Golpe de Estado de 1936, aspirando a contribuír á configuración dun espazo de intercambio académico e científico. O acto terá lugar na Casa de Cultura de Carral ás 20.30 horas.
O xoves día 22 ás 20.30 horas, o catedrático de historia do Instituto Concepción Arenal de Ferrol, Bernardo Maiz, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Emilio Grandío Seoane, abordarán “A frente Popular en Galicia: orixes e acción política”.
O programa rematará o día 23 a partires das 20.30 horas coa mesa redonda titulada “A memoria da Frente Popular”, na que participarán Julio Prada, profesor de Historia na Universidade de Vigo e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Dionisio Pereira, investigador e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces” e Andrés Domínguez Almansa, Doutor en Historia e investigador do Proxecto “Nomes e Voces”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario