Máis de mil compromisos persoais para impulsar ProLingua, Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega. A iniciativa, apartidaria e plural, deuse a coñecer o sábado en Compostela coa intención de dinamizar e sumar esforzos no cultivo dese inmenso tesouro, prezado patrimonio inmaterial do pobo galego, que supón dispoñer dunha lingua propia, insubstituible imaxe identitaria, cultural e de futuro, posibilidade de comunicación, fonte de coñecemento e diálogo que amplía os horizontes de liberdade persoal e colectiva.
Son un deses mil asinantes do manifesto fundacional dunha plataforma que vén reforzar a vitalidade cívica dunha sociedade que asiste á implementación de medidas gobernamentais desgaleguizadoras cinicamente envoltas en proclamas de amor á lingua galega e na defensa da liberdade-hogano fronte á imposición-antano. Ata ese punto chegamos na deturpación do que nos é propio e nos sitúa no mundo sen renunciar a outras posiblidades e recursos lingüísticos, empezando naturalmente polo español. Ata o punto de vérmonos obrigados a poñer en marcha mecanismos de acción social na defensa do que resulta evidente para quen contemple esta nosa realidade sen prexuízos, complexos ou destemida ignorancia.
CUMPRIMENTOS.- Trátase de cumpir coa lei, coa lingua e co país. Di o manifesto: "ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación". O dos media, engado, merece tratamento á parte porque, con poucas excepcións, mantivéronse e mantéñense de costas ao idioma e porque boa parte dos contidos en galego débense aos compromisos firmes dalgúns xornalistas e non á decidida vontade dos editores, expertos en rechazos e pretextos de mal pagador.
NORMALIZACIÓN.- Así as cousas, en ProLingua consideramos irrenunciables "a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia". Porque "estamos nun Estado de dereito e como cidadás e cidadáns esiximos que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lingüística". Por eso mesmo ProLingua esixe "que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade galega".
LIBERDADE.- Isto é o que hai e vaia por diante que as citas literais incorporadas aspiran a contrarrestar, sequera un anaco, o silencio clamoroso que nos máis dos media acollerá a chegada de ProLingua. É unha vella historia, pero non importa. Non sairá o sol polos impulsos dinamizadores da sociedade galega, pero pouco poderá facerse deixando a un lado esa vontade, felizmente maioritaria, de defender a lingua propia para fortalecer a liberdade. E non só a lingüística.
http://prolinguagalega.org/2009/10/05/prolingua-galega-artigo-de-xose-maria-palmeiro/

No hay comentarios:
Publicar un comentario