http://www.wikio.es

31/10/09

As outras armas do franquismo. 1939-2009; Unha retrospectiva


En Trives naceu en 1900 o poeta e mestre Manuel Luís Acuña, e en torno á súa figura véñense celebrando diversas actividades desde o centenario do seu nacemento, divulgando a súa obra literaria e o seu labor como educador renovador, que sería represaliado polo franquismo en 1936.
É importante manter vivo entre o maxisterio da comarca o recordo de tan ilustre veciño que tanto contribuíu á cultura galega do primeiro tercio de século e á renovación educativa que tivo o seu momento culminante na II República. Por iso se celebra este curso, centrado este ano especialmente na represión sufrida despois da guerra civil, tanto por Luís Acuña como por outros mestres e intelectuais ourensáns e galegos.
Enviamos información sobre a actividade “As outras armas do franquismo. 1939-2009: unha retrospectiva”, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de novembro na Pobra de Trives.

Para máis información, consulta-la páxina web: http://www.nova-escola-galega.org/.

No hay comentarios:

Publicar un comentario