http://www.wikio.es

29/10/09

Segundo encontro de traballo entre o equipo "Nomes e Voces" e oInstitut Supérieur d'Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba

Os investigadores tunesinos, Bechir Yazidi e Mohammed Aouinide, chegarán a Santiago de Compostela o vindeiro 2 de novembro para proseguir co traballo de colaboración co Proxecto «Nomes e Voces» en torno á recuperación da memoria no marco do proxecto La fuente oral como base para el estudio de la represión. El caso de la represión colonial francesa en Túnez y franquista en Galicia, outorgado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) en 2008, ás universidades de Compostela e La Manouba.

Durante cinco días, os dous equipos de traballo compartirán diferentes actividades organizadas polo Proxecto “Nomes e Voces” que dirixe Lourenzo Fernández Prieto, entre as que se atopan a visita ao Arquivo militar de Ferrol e a visita ao Campo da Rata na Coruña. O mércores, día 4 de novembro, Bechir Yazidi presentará o seu libro El exilio republicano en Túnez (Edicións Embora, 2008) no aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia ás 11.00 h da mañá.


Este segundo encontro, tras a viaxe de investigadores do Proxecto "Nomes e Voces" a Túnez no mes de setembro, permitirá ao equipo tunesino compartir en Compostela as súas pescudas na recuperación da memoria oral de Túnez, e coñecer as diferentes bases de datos da guerra civil e a represión franquista que os investigadores galegos están a crear desde o ano 2006: a recentemente publicada base de nomes das vítimas da guerra civil e as bases relacionadas coa fonte oral e documental.





No hay comentarios:

Publicar un comentario