http://www.wikio.es

27/10/09

París homenaxea os brigadistas e os españois que loitaron contra os nazis

O Concello de París renderá hoxe unha dobre homenaxe en Madrid aos brigadistas internacionais que loitaron na Guerra Civil e aos españois que combateron os nazis na II Guerra Mundial. O acto celebrarase no cemiterio de Fuencarral a partir das 16.15 horas.

As Brigadas Internacionais foron unhas unidades de voluntarios de 54 países que loitaron durante a guerra civil ao lado da República contra o fascismo. Ao redor de 10.000 brigadistas foron franceses, a maioría de París.

Tamén os españois foron solidarios con Francia. Unha placa no peirao Henry IV de París, baixo un dos 12 medallóns de bronce que sinalan o camiño percorrido pola columna do capitán Dronne homenaxea a preto dos 8.000 españois que participaron na liberación da cidade da ocupación nazi.

Na homenaxe intervirán o embaixador de Francia en España, Bruno Delaye; o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de España, Sergio Gutiérrez, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de París, Anne Hidalgo. A continuación terá lugar unha ofrenda floral ante os respectivos memoriais.

http://www.publico.es/culturas/264285/paris/homenajea/brigadistas/espanoles/lucharon/nazis

No hay comentarios:

Publicar un comentario