O accidente do petroleiro Prestige cumprirá este venres, día 13 de novembro, o seu sétimo aniversario sen que polo momento se puidese iniciar o xuízo que atribuirá responsabilidades aos implicados na catástrofe polo que os afectados consideran que é unha "falta de interese político".
Sete anos despóis, nin medidas de protección ante novas catástrofes, nin plans de evacuación da poboación, nin portos refuxio nin protocolos de actuación. Colectivos ecoloxistas como Adega alertan do pouco que se ten feito para evitar sucesos como o do afundimento no Prestige perante as nosas costas e a súa consecuente contaminación. O chamado cobra renovada importancia ante o aniversario deste accidente marítimo que perdura na nosa memoria, mais tamén ante a estatística que apunta a que nos toca un petroleiro sinistrado cada oito anos.
NUNCA MÁIS!
Video da costa galega e da xente da Galicia e de fóra da nosa terra axudando tralo desastre do Prestige. Moitas grazas a toda a xente que axudou a limpar as nosas costas. Vós, a humanidade sensible e máis a inmensa capacidade rexeneradora das nosas costas fixestes posible que a nosa terra siga a ser verde e azul.

No hay comentarios:
Publicar un comentario