Presentación do libro: “La extraordinaria vida de un hombre extraordinario”
Memorias de Teodulfo Lagunero, prologado por Almudena Grandes
Teodulfo, que vivíu de neno a guerra civil, desde o bando dos vencidos, pertencendo a unha familia de represaliados, sufriu cárcere durante o franquismo.Avogado, Catedrático de Dereito Mercantil, Empresario e millonario, ingresou no Partido Comunista en 1968, financiándoo xenerosamente e servíndolle de enlace con numerosas figuras políticas da transición.
Entre as súas numerosísimas vivencias: a viaxe con Carrillo, no seu propio coche, de París a Madrid, ou a súa relación con personalidades da vida intelectual e política, como Alberti e Teresa León, Neruda, Pasionaria, Sastre, Armero, Antonio Gala, Joan Baez, Marcos Ana, Delibes, etc. Todo isto e moito máis nas Memorias que agora nos presenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario