Dende as primeiras exhumacións científicas do ano 2000 na localidade leonesa de Priaranza de Bierzo, non deixaron de aparecer foxas comúns do franquismo ante a opinión pública estatal e internacional. A partir deste momento, os movementos de recuperación da memoria histórica impulsaron a creación de institucións, o interese das Nacións Unidas, a tramitación parlamentaria dunha Lei da Memoria ou o histórico auto xudicial do 16 de Outubro de 2008 na Audiencia Nacional Española.
Esta película recolle unha visión global sobre unha década de acontecementos e debates, á vez que afonda nas súas orixes e consecuencias. En certo modo, tamén supón un acto de comprensión e coñecemento sobre un pasado aínda recente. Quizais porque testemuños como os de Carmen Arrojo, Lluis Marti Bielsa, Trindade Galego ou Marcos Ana, contados sen darse ningunha importancia, nos transmiten os conflitos e as loitas por construír relacións sociais máis xustas e equitativas por parte de toda unha xeración cidadá silenciada pola historia oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario