http://www.wikio.es

12/11/09

"A memoria nos tempos do volfram" - Antón Caeiro

Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no "Dorado" para moitas persoas que procuraban cartos ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española


Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas, nun filme gañador do Primeiro premio na III Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe "Espiello" (Huesca 2005).

Director: Antón Caeiro
Duración: 53:53



No hay comentarios:

Publicar un comentario