http://www.wikio.es

18/11/09

Ferrol: O canto de intervençâo nos 80 anos do Zeca


Sábado, 28 de Novembro, as 21:30 h.
Capela do Centro Cultural "Torrente Ballester"
Ferrol.


"...Viña co seu despiste crónico, o seu eterno aire de profesor despistado. O público foi entrando pouco a pouco na estética do cantante fadista sen fado. Primeiro, sorprendido. Logo, admirado.

Ao fin, con entusiasmo. Sorpresa polo contido das cancións, fortes e directas sen necesidade das palabras chave (democracia, liberdade,etc ) para facer choutar os aplausos. Admiración , xa que no escenario había un artista que posuía toda a calidade do mundo e estaba alí pousándoa nos oídos do acendido auditorio. ¡Que lonxanos agora os cantantes protesta de guitarrillo e patacón!


Entusiasmo, en fin, pois que José Afonso pechaba o recital cunha canción que, se non recordo mal, estreaba aquela noite, pedíndolle ao público (ou tal vez fose un feito espontáneo) que fixese o coro en pé e collidos das mans.


Esa canción era “Grándola, Vila Morena”, motor de arranque da chamada revolución dos caraveis que ardería en Portugal dous anos despois..."




O escritor galego Vicente Araguas lembra no seu libro Voces Ceibes como coñeceu a Jose Afonso en Santiago de Compostela en 1972.

No hay comentarios:

Publicar un comentario