http://www.wikio.es

7/11/09

A escola fala unha linguaxe urbana e discrimina o neno rural

Boimorto acolle esta fin de semana un encontro de debate sobre a educación no medio rural, coa participación de 80 profesores que exercen en Galicia.

Un alumno que viva no medio rural, que traballe na explotación gandeira dos pais e que teña un amplo coñecemento do seu entorno, dos nomes de animais e de especies vexetais, cunha boa competencia lingüística pode ter, non obstante, malos resultados na escola. Así nolo confirma Paco Veiga, membro do Secretariado de
Nova Escola Galega, quen alerta sobre as dificultades engadidas ás que se ten que enfrontar un alumno educado nun entorno rural: "a escola nunca lle preguntou a ese hipotético alumno sobre o que el coñece, non compartiu con el un interese; pola contra, a escola fala en linguaxe urbana".

Para reflexionar sobre este conflito entre o urbano e o rural dende o punto de vista da educación, a Nova Escola Galega organizou para este fin de semana o seu IV Encontro de Debate sobre Educación no Medio Rural, unhas xornadas que este ano levan como título "Acadando as competencias básicas". Celebrarase en Boimorto e dará a palabra a 10 educadores de centros rurais de Galiza, que exporán a súa experiencia no marco de diferentes proxectos que levaron a cabo na súa tarefa diaria.

Esta análise faise nun momento no que o sistema educativo comeza a avaliar o alumnado, ademais de polos seus coñecementos, polo grao de adquisición de competencias consideradas básicas para se desenvolver na vida (como o manexo das TIC, manexo lingüístico...). "Queremos abordar este novo sistema de avaliación atendendo tamén ao medio rural, preguntarnos se non se introducen inxustizas cara o alumno rural ao deseñar o sistema dende unha óptica estritamente urbana, esquecendo sistematicamente esta outra realidade e os saberes que atesoura", di Veiga


No hay comentarios:

Publicar un comentario