http://www.wikio.es

8/11/09

"El desplome de la República"

Moscú, verán de 1939. Ante Stalin perfílanse dúas opcións: proseguir a súa política de achegamento ás democracias ou aceptar as propostas de negociación que lle fai Hitler. Nestes mesmos días o Buró Político do Partido Comunista de España elévalle un informe secreto acerca do sucedido no último ano e medio da guerra civil española. Partindo deste informe, que se reproduce aquí integramente, e doutras evidencias ata agora descoñecidas, Ángel Viñas e Fernando Hernández Sánchez reconstrúen a historia desta etapa final da guerra: o papel desempeñado por Negrín, Azaña, Besteiro, os comunistas, os socialistas e os anarcosindicalistas; a conduta do goberno francés, o golpe de Casado... Á luz desta revisión, baseada nun uso rigoroso dos documentos, esborrállase toda a lea de mitos e terxiversacións que dominan nas visións que se seguen publicando aínda sobre esta etapa crucial da historia da España contemporánea. (Contraportada)

Dende o seu ingreso na Universidade Angel Viñas pasou máis da metade da súa vida en Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Estados Unidos como estudante, traballador, funcionario comunitario e embaixador, traballando en temas de política comercial, cooperación, seguridade, dereitos humanos, axuda á democratización e planificación política e diplomática, en relacións bilaterais e multilaterais. É catedrático de Economía da UCM dende 1983, tras pasar por Valencia (1975), Alcalá (1979) e UNED (1981). Foi vicereitor, director xeral e asesor executivo do ministro de Asuntos Exteriores, e recibiu varias condecoracións españolas e estranxeiras. As súas obras baseáronse sempre en fontes primarias, e as últimas son "En las garras del águila. Los pactos con Estados Unidos", de Francisco Franco a Felipe González (1945-1995) e unha monumental triloxía sobre a República en guerra -La soledad de la República (2006), El escudo de la República (2007) y El honor de la República (2008-, publicadas nesta mesma editorial. Como froito da súa actividade diplomática, cabe destacar Al servicio de Europa. Innovación y crisis en la Comisión Europea (2005).

Fernando Hernández Sánchez é Diplomado en Estudos Avanzados de Historia Contemporánea pola UNED, e actualmente profesor asociado da Universidade Autónoma de Madrid e de Ensino Secundario. Membro da Asociación de Historiadores do Presente e colaborador do Centro de Investigacións Históricas da Democracia Española, preside a Asociación Entresiglos 20-21: Historia, Memoria e Didáctica, dedicada á investigación sobre o ensino escolar da historia recente. As súas investigacións versan sobre a historia do movemento comunista en España, e sobre este tema publicou artigos en diversas revistas. Comunistas sin partido: Jesús Hernández, ministro en la Guerra Civil, disidente en el exilio (2007). Actualmente traballa na elaboración dunha Historia do PCE durante la Guerra Civil (1936-1939). (Solapa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario