http://www.wikio.es

12/11/09

“VII Encuentro de Investigadores sobre el franquismo”

Mañá venres 13, remata o programa do “VII Encuentro de Investigadores sobre el franquismo”, organizado pola Fundación 10 de Marzo e o Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. A xornada estará dedicada á represión.

O encontro dará comezo 09:30 horas coa exposición dunha serie de paneis sobre represión, antes de pasar á inauguración da sesión centrada en “Cultura y opinión” a cargo de Ángel Rodríguez Gallardo, moderador, e Francisco Sevillano Calero, relator.

Ás 12.00 horas dará comezo a mesa redonda que leva por título ”La represión. Estado de la cuestión”, moderada polo historiador Ricardo Gurriarán e na que participan: o investigador e coordinador do Proxecto “Nomes e Voces”, Dionisio Pereira, os historiadores Javier Rodrigo e Queralt Sole, e o Presidente da Asociación para la recuperación de la memoria histórica, Emilio Silva.

Ás 14:00 procederase a clausurar o acto.

Grazas e un saúdo cordial,

No hay comentarios:

Publicar un comentario