http://www.wikio.es

9/11/09

14 Novembro: Acto Galego Lingua da Liberdade


14 NOVEMBRO ACTO GALEGO LINGUA DA LIBERDADE

Da nosa consideración.

Achegámoslle a convocatoria do acto Lingua da liberdade, para o próximo 14 de novembro, ás 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Se fose do seu interese pregámoslle que difunda esta convocatoria entre os seus achegados.
Confiando poder contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.

Galego Patrimonio da Humanidade

http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/2009/10/10/iniciativa-para-o-galego-14-de-novembro/

"...É a España casposa, carca, dogmática e intolerante de sempre, vestida con nova roupaxe...

A España inimiga da diversidade, da pluralidade, da tolerancia. “A que despreza canto ignora” en frase de Antonio Machado. A que non entende que o bo de España é a súa pluralidade e o seu multilingüísmo. A que, educada por Franco, segue pensando que o único idioma verdadeiro é o castelán e que hai que suprimir os outros, salvo para a poesía ou para falar na casa. Se realmente quixeran a España, e non estiveran enamorados do seu propio fanatismo, entenderían que a diversidade é un don, e que combatila é un pecado… pero esta xente non entende nada.Non dialoga, só sabe facer proselitismo. Inútil esperar por razóns equilibradas e ecúanimes.."

No hay comentarios:

Publicar un comentario