Os grupos maioritarios no Congreso, PP e PSOE, votaron onte en contra de compensar os medios de comunicación que foron incautados polo franquismo. A iniciativa de CiU, que foi rexeitada na Comisión Constitucional do Congreso, reclamaba a elaboración, no prazo de seis meses, dun censo das distintas empresas editoras de xornais, cuxas cabeceiras foran espoliadas polo réxime.
O voceiro de CiU na citada comisión, Jordi Xuclà, lembrou que as incautacións afectaron a publicacións de todos os partidos políticos, asociacións sindicais, e numerosas empresas xornalísticas. Os xornalistas e traballadores foron vítimas desa incautación e moitos deles foron perseguidos e privados do exercicio da súa profesión, segundo Xuclá.
Entre os medios espoliados atópanse varios galegos, entre eles El Pueblo Gallego, un xornal publicado por Manuel Portela Valladares que foi incautado e posto a disposición do movemento falanxista. Pero existen outras cabeceiras que incluso desapareceron.
O deputado do PSOE Daniel Fernández xustificou a súa negativa a proposta de CiU esgrimindo que recoñecela sería facer unha separación “artificial” entre as empresas editoriais e o resto das empresas, fondos e patrimonios que o réxime incautou, e que é “difícil” realizar esta separación.
Dende o PP, Jorge Fernández manifestou o rexeitamento do seu partido, e sinalou que as reclamacións de feitos de hai máis de 70 anos “ algunha vez deben terminar”.
Dende o PP, Jorge Fernández manifestou o rexeitamento do seu partido, e sinalou que as reclamacións de feitos de hai máis de 70 anos “ algunha vez deben terminar”.
Por outra banda, a Comisión Constitucional do Congreso aprobou, co único voto en contra do PP, unha iniciativa pactada entre o PSOE e IU-ICV na que se insta o Goberno a retirar, no tempo máis breve posible, todo tipo de mención e simboloxía franquista das dependencias da Administración Xeral do Estado.
O texto inicial, presentado por IU e ICV, fixaba un prazo dun ano para a retirada dos símbolos, cuxa supresión xa prevé o artigo 15 da Lei de Memoria Histórica. O PSOE presentou unha emenda para non pór un prazo “único y artificial” para a eliminación deses vestixios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario