27/11/09

AcheGarte!

Unha cita importante coa cultura galega que terá lugar os días 28 e 29 de novembro na Coruña, en Palexco e no Kiosco Alfonso.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Cultur.gal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.

A resposta dos distintos sectores culturais a esta iniciativa é ilusionante. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegArte! está pensada como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario