A través do presente manifesto o profesorado abaixo asinante amosamos a nosa fonda preocupación polo progresivo desmantelamento do Sistema Público de Educación de Galicia que está a levar o Goberno Autonómico. Todos e todas os/as asinantes pretendemos, de xeito unánime, expresar a noso rexeitamento a:
Unha política que está a provocar a diminución da calidade do sistema educativo
- Potenciación do sistema educativo privado.
· O goberno fará unha inversión de máis de 1000 millóns de euros en 255 centros privados nos vindeiros cinco anos. Potenciando a Xunta a segregación por razón de sexo que realizan algúns destes centros.
· Impartición de materias afíns por parte dun profesorado non especialista cos conseguintes prexuízos na formación do alumnado.
· Diminución de profesionais de orientación, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe que impiden atender, diagnosticar e tratar a problemática do alumnado.
· Agrupamentos de alumnado de diversos cursos e niveis dentro dunha mesma aula, así como o elevado número de alumnado por aula impiden unha atención adecuada (afastándose dos principios e fins da LOE 2/2006).
·A diminición horaria para dinamizacións (biblioteca, TIC...) co conseguinte empobrecemento de recursos básicos para a formación do alumnado.
- Previsión de recorte orzamentario para os gastos xerais dos centros públicos.
- Suspensión do servizo de comedor, encarecemento do mesmo ou implantación dun
sistema gravoso para as familias (nota informativa aos centros sobre o Decreto 374/2009).
- A eliminación do sistema de gratuidade universal dos libros de texto.
Ataque deliberado da Xunta á lingua galega, tal e como se apreza nas progresivas medidas de desprotección da lingua en diversos eidos.
- Decisión de derrogar o decreto 124/2007 (que establece un mínimo de 50% das materias en galego) a pesar de que o sistema actual xa é en por si desgaleguizador, tal e como demostran as estatísticas sociolingüísticas.
- Continuación dunha política na que os ENDL non contan cun orzamento e dependen da concesión dunha subvención (que este ano reduciuse un 20%) que impide planificar as actividades.
Engádese a isto, a actitude intransixente e represora do goberno autonómico como se observou na tramitación das enquisas sobre o galego (que, a través dunha circular interna non asinada, impedía ao profesorado dar calquera información, levando ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a rexeitar calquera interpretación que conculque ou restrinxa o exercicio dos dereitos fundamentais de liberdade de expresión e información, reunión e asociación e liberdade sindical) ou os ataques públicos en medios de comunicación ao profesorado dos EOIs de Galicia.

Si, estou de acordo.
Asinar: http://manifestoepg.jimdo.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario