A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijoo, tras a reunión de que este organismo celebrou en Barcelona.
A pesar de que nun primeiro momento, e debido a unha información aparecida en varios teletipos, identificouse a este organismo como a axencia lingüística da UE o certo é que é unha oenegué irlandesa dedicada ao seguimento e fomento das linguas minoritarias. Iso si, posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a ONU.
Onte, a EBLUL emitiu unha resolución na que «informa» á Xunta de Galicia de que «as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español» e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas. A entidade afirma igualmente que «resulta de especial gravidade» que «non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas», senón «que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa», entre os que se cita á antiga Red Galega de Escolas Infantís, «a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego».
O documento «anima» ao Goberno galego a «que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia», á vez que lle advirte que «de continuar a súa política de desprotección» trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario