En 1991 afundiuse a orde política de Somalia, país que sucumbiu a unha guerra civil empeorada pola intervención estadounidense. O colapso político deixou a sociedade somalí sen defensas, situación que foi aproveitada por navíos procedentes de Europa, Estados Unidos, China e outros países para verter nas súas augas grandes cantidades de residuos tóxicos e radiactivos. O abuso fíxose visible cando, en 2005, un tsunami depositou nas praias e costas somalís bidóns corroídos e outras mostras destes residuos. Segundo o enviado das Nacións Unidas en Somalia Ahmadou Ould-Abdallah, a porcallada tóxica acumulada en poucos días pola catástrofe mariña provocou úlceras, cancros, náuseas e malformacións xenéticas en recén nacidos e, polo menos, 300 mortes.
Pero as desgracias non rematan aí. Aproveitando o desgoberno, unha multitude de barcos de pesca empezou a faenar nas augas fronte ao país, incluídas as súas augas territoriais. En 2005 calculouse que pescaron alí uns 800 barcos de distintos países, moitos deles europeos e, máis especificamente, españois. Estímase que os ingresos xerados durante un ano por esta pesca estranxeira ilegal ascendía a 450 millóns de dólares. O resultado foi a rápida diminución dunhas reservas pesqueiras que eran o principal recurso para as comunidades de pescadores do país, catalogado como un dos máis pobres do mundo.
Unha reportaxe de Al Yazira informa de que grupos de somalís trataron de constituír un corpo autodenominado "Guardacostas Voluntarios de Somalia", reunindo diñeiro co que pagar a empresa estadounidense Hart Security, que se dedica a adestrar e formar loitadores e mercenarios por todo o mundo -e que, anos máis tarde, actuou como mediadora para o cobramento de rescates naquelas mesmas augas: negocio redondo!-. Ao parecer, houbo intentos deses gardacostas voluntarios de negociar cos buques de pesca estranxeiros para que deixasen de faenar ou pagasen un imposto para seguir facéndoo, intentos que resultaron falidos. O desenlace final foi o que hoxe se cualifica como pirataría somalí. Nun país enchido de armas, esgazado por bandas rivais e sometido a unha situación económica desesperada, un desenlace así non debería sorprender. Á vista do anterior é lexítimo preguntarse: quen é, nesta historia, os verdadeiros piratas?

Hai en España quen propón que os atuneros españois (que son sobre todo vascos) leven militares a bordo para disuadir os piratas. No Parlamento vasco, os votos do PP e o PNV fixeron posible o pasado 8 de outubro aprobar unha moción nesta liña. O Congreso xa o descartara meses antes argumentando que a lexislación española non o permite. Francia si o permite, e hai tempo que no Índico os barcos de pesca franceses levan militares a bordo. Pero esta diferenza é de detalle: ambos os dous países lograron que o 10 de decembro de 2008 os ministros de Defensa da Unión Europea aprobasen a chamada Operación Atalanta contra a pirataría somalí, e que se dese luz verde ao envío de entre 6 e 10 buques de guerra para "garantir a seguridade" no golfo de Adén co mandato de vixiar as costas de Somalia, "incluídas as súas augas territoriais".
Estes feitos mostran que o colonialismo non só non morreu, senón que está a tomar novos bríos. E un novo aspecto marcado pola crise de recursos naturais, neste caso a pesca. As frotas pesqueiras dos países ricos, compostas por buques con capacidade para moverse por todos os mares do mundo, esquilman un caladoiro tras outro: son as principais culpables da sobrepesca que dende hai anos vén destruíndo a capacidade de rexeneración das especies mariñas e preparando un colapso das capturas a escala mundial. As primeiras prexudicadas son as poboacións dos países pobres que dependen da pesca local: elas carecen de frotas potentes para pescar lonxe das súas costas. O caso somalí é un dos máis sangrantes polas circunstancias políticas internas, pero non é o único.

España está a recuperar os seus brasóns imperiais contribuíndo a empobrecer un dos países máis pobres do mundo. Ao facelo non só comete unha inxustiza, senón que practica unha política sen futuro tamén para os seus habitantes. Porque cando xa non haxa caladoiros por explotar en ningún canto do mundo, que farán os nosos mariñeiros e pescadores?
É unha indignidade aproveitarse dun país desangrado por unha guerra civil e logo mandar aos soldados a defender unha causa indefendible que non hai máis que afondar a traxedia dese pobo. E se se quere mirar dende outra óptica, canto nos custa manter a dotación de dous buques de guerra, un avión e 395 efectivos da Mariña española que temos destacados na zona?

O caso ten a súa sentenza. Un país desenvolvido como España non debe, tras esgotar os seus propios recursos pesqueiros, expandirse polos mares do mundo privando outras poboacións máis pobres dos seus medios de subsistencia, porque agrava a situación desas poboacións e as empurra a unha resistencia que desemboca en aventuras violentas e saídas militares. A solución hai que buscala na casa, adaptándose a uns ecosistemas danados e xestionándoos mellor (por exemplo, coa piscicultura como alternativa á pesca), e adoptando medidas previsoras para que ninguén quede sen traballo e sen fonte de ingresos. É inquietante que se estea a facer exactamente o contrario: optar pola fuxida cara a diante e por un neoimperialismo ecolóxico reforzado militarmente que só pode redundar nun empeoramento da situación.
Joaquim Sempere é Profesor de Teoría Sociolóxica e Socioloxía Ambiental da Universidade de Barcelona
Joaquim Sempere é Profesor de Teoría Sociolóxica e Socioloxía Ambiental da Universidade de Barcelona
Ilustración de Osorio
http://blogs.publico.es/dominiopublico/1623/los-verdaderos-piratas/
http://blogs.publico.es/dominiopublico/1623/los-verdaderos-piratas/
No hay comentarios:
Publicar un comentario