"Toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios", argumenta o xuíz.
A sentenza ten unha enorme importancia política en Galicia. E é que a Consellaría de Educación está a ultimar estes días a proposta de decreto coa que derrogará o texto aprobado polo bipartito.
Lei que agora sae reforzada mentres deixa sen argumentos a aqueles que, como a cúpula do PPdeG, denunciaron a imposición do idioma nos centros. Precisamente o Supremo pronunciouse por unha denuncia dunha familia do colexio 'Los Sauces' de Vigo que pretendía que o seu fillo estudase todo en castelán, petición que denegou a administración autonómica.
O xuíz argumenta que nin a Constitución nin a Declaración dos Dereitos Humanos facultan os país para escoller a lingua de estudo dos seus descendentes.
Cómpre lembrar que o PP no seu programa prometeu un “bilingüsimo integrador” baseado no “dereito da libre elección lingüística”. Promesa que Alberto Nuñez Feijóo se comprometeu a cumprir en 100 días derrogando o texto do bipartito.
Porén, os conservadores seguen a ultimar a súa proposta de reforma legal. Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, dixo que a presentaría este ano e que se aplicaría no próximo curso. A actual norma só fixa un mínimo do 50 por cento de materias na lingua propia do país.
O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, insiste en que o decreto estará a finais de ano: 'A sentenza do Supremo non condiciona o novo decreto'

No hay comentarios:
Publicar un comentario