Hoxe enviamos a nota de prensa que segue a continuación. Para os/as que desexen enviar a carta-queixa ao Consejo General del Poder Judicial, aquí tedes un modelo posíbel. Hai dous xeitos de mandala. Un é facelo por correo certificado e con aviso de recibo a
Consejo General del Poder Judicial
C/ Marqués de la Ensenada, 828071 - MADRID
E outro é presentala no Decanato do xulgado no que queirades presentar a queixa.
E outro é presentala no Decanato do xulgado no que queirades presentar a queixa.
NOTA DE PRENSA
A plataforma en defensa da lingua galega PROLINGUA, perante a noticia aparecida nos medios da posible retirada da custodia, por parte do xuíz titular de Primeira Instancia do xulgado nº 6 de Alcorcón (Madrid), D. Alejandro José Galán Rodríguez, contra unha nai viguesa por escolarizar as fillas en Vigo desde finais de 2008 e dado o contido de menosprezo para a lingua galega que contén a dita sentenza, quere facer pública a súa postura.
1.- Expresamos a nosa solidariedade e apoio total á nai e ás fillas, a esa familia que sofre agora dobremente por unha sentenza que aplica argumentacións baseadas en prexuízos lingüísticos dos que debe estar libre a xustiza para se ter por tal.
2.- Esiximos un pronunciamento reprobatorio unánime por parte do Parlamento Galego do contido nesta sentenza referido á lingua galega e á escolarización das nenas no sistema educativo galego.
3.- Esiximos explicacións por parte do Ministerio de Xustiza acerca do contido anticonstitucional da sentenza e reclamamos una formación dos xuíces nos preceptos constitucionais que atinxen á realidade plurilingüe do Estado Español.
4.- Solicitámoslle aos galegos e ás galegas de corazón que presenten queixas perante o Consejo General del Poder Judicial reclamando a apertura dun expediente informativo sobre desta sentenza e, no caso de que a xulgue lesiva para as persoas atinxidas por ela, así como despectiva para os galegos no tratamento que dá á súa lingua propia, se proceda á reparacións e a sancións que estime xustas.
Desde ProLingua agardamos que feitos tan lamentables non se volvan repetir, e para iso serían necesarias campañas gobernamentais de sensibilización e pedagoxía sociais sobre a riqueza e a pluralidade lingüística de España, e non campañas mediáticas orquestradas, falsarias e incendiarias contra as linguas distintas do castelán como as que vimos padecendo ultimamente.
Na páxina web de ProLingua existen modelos de reclamación perante o CGPJ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario