O 1º Informe Vítimas da represión en Galicia (1936-1939), é o primeiro informe de resultados do proxecto "Nomes e Voces" que se publica, entendendoo como necesario e clarificador para superar a ignorancia e descoñecemento sobre os efeitos do Golpe de Estado en Galicia.
Grazas a este traballo, o tempo da guerra e máis as orixes do franquismo en Galicia poden ser hoxe algo máis esclarecidas. A frialdade dos números e das representacións gráficas parécenos a millor forma de presentar esta primeira aproximación. As análises, interpretacións, deducións ou debates están por vir e, en parte, están facéndose xa implícitas na mesma representación dos datos.
Para citar este documento:Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces", I.P. Lourenzo Fernández; coords.: Emilio Grandío, Xosé Manoel Núñez, Dionisio Pereira, Julio Prada, MªJesús Souto; Inv.: Andrés Domínguez, Gustavo Hervella, Chus Martínez, Antonio Míguez, Xurxo Pantaleón, Mónica Rocha, Antonio Somoza: Vítimas da represión en Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela: Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2009, 27 p.
Descarrega-lo Informe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario